III EDICIÓN DO CONCURSO DE XOVES INTÉRPRETES ANTONIO GRANJA 2016

Juan Ramón foi o presentador deste certame, organizado pola Agrupación Musical do Rosal que preside Iván Diego Martínez

martes, 1 de noviembre de 2016

Nova web persoal: www.juanramonorosal.com

Boas a todos/as! Que tal! Comunícovos que dende o pasado mes de setembro de 2016 xa conto con nova páxina web persoal.  A partir de agora podédesme seguir en www.juanramonorosal.com Como lembro dende o artigo de benvida da web "seguirei dende este espazo na Rede contándovos algunhas das miñas aventuras polo mundo adiante e, por suposto, a de moitos amigos e coñecidos -verdadeiros cracks-, que triúnfan nas súas respectivas facetas,...

martes, 14 de junio de 2016

Helena Villar Janeiro, homenaxeada pola AELG

Helena Villar Janeiro. (Foto: Eduardo Castro Bal) Segundo me veñen de comunicar dende a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), a compañeira Helena Villar Janeiro será a "Escritora na súa Terra" homenaxeada nesta XXII edición.  Trátase dunha "celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón...

jueves, 28 de abril de 2016

Moita arte no III Concurso Antonio Granja 2016

Reportaxe fotográfica: Xesús González (Suso). O pasado domingo 24 de abril tiven o pracer de presentar no Auditorio Municipal do Rosal a III edición do Concurso de Xoves Intérpretes "Antonio Granja", que, en verdade, amosou arte polos catro costados.  O certame, organizado pola Agrupación Musical do Rosal que dirixe José Javier Bascoy e preside Iván Diego Martínez, coincidindo co seu 30º Aniversario, estivo aberto por...

jueves, 7 de abril de 2016

Visitas guiadas por Vigo da man de escritoras/es

Segundo comunica a AELG, abriuse o prazo de inscrición para o primeiro dos Paseos polo Vigo Literario. Primavera 2016. Vigo literario. Primavera 2016, iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co apoio e colaboración da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, son visitas guiadas por Vigo da man das escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na cidade. A inscrición é independente...

lunes, 14 de marzo de 2016

Este blog vén de ilustrar unha reportaxe da TVG

Este sábado 12 de marzo, a Televisión de Galicia (TVG) vén de ilustrar a reportaxe sobre o piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido, cunha captura de pantalla deste blog (sobre o min. 2:30), con motivo da "reaparición" do noso campión hai uns meses, logo do seu grave accidente. O título da entrevista: "Gabriel Marcelli, camiño á cima". Podedes ver aquí este especial sobre Gabriel Marcelli, seis veces campión de Galicia e tetracampión...

miércoles, 2 de marzo de 2016

Coñecer Galicia: Os Muíños do Folón e Picón

Esta foi a miña intervención no programa "Coñecer Galicia" que se emitiu o sábado 27 de febreiro en directo na Radio Galega. Nesta ocasión falei coa condutora Isabel Freire dos Muíños do Folón e do Picón, un dos "buques insignia" culturais e turísticos do Concello do Rosal. Aínda que notaredes que andaba un pouco "apurado", xa que xustamente cadrou que durante a entrevista estaba en plena ruta polos montes de Oia e O Rosal, intentei...

viernes, 26 de febrero de 2016

Entrevista na Radio Galega sobre o Folón-Picón

Isabel Freire. (Foto: CRTVG) Moi boas! Que tal. Segundo me veñen de comunicar, mañá sábado 27 de febreiro, sobre as 12:15 horas, entrevistaranme en directo na Radio Galega (91.0 FM), no programa "Coñecer Galicia*" que conduce a xornalista Isabel Freire. O tema, a ruta e historia do conxunto etnográfico dos 67 muíños do Folón e do Picón (O Rosal-Pontevedra). *Coñecer Galicia é un programa de viaxes, áxil e entretido que se desenvolve...

jueves, 25 de febrero de 2016

II Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca en Pías

Un momento da I edición do Concurso, o pasado ano. Fotos: Infomiño Novamente é un pracer comunicarvos que a Comisión de Festas da Feira de San Gregorio (Pías-O Rosal) conta comigo por segundo ano consecutivo para presentar o "II Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca 2016". Este "singular e divertido evento gastronómico" dará comezo o vindeiro sábado 12 de marzo a partir das 17:00 horas.  Haberá dúas modalidades: tradicional...

Muchas felicidades a Bluscus-Turismo Marinero

Explicaciones en el sector superior de Folón durante el evento Del Mar a la Tierra. Foto: Bluscus Buenas a todos/as! Qué tal! Esta pequeña entrada en mi blog se la quiero dedicar a todo el equipo de Bluscus-Turismo Marinero y en especial a su coordinador, Pablo Mariño, ya que este 21 de febrero la agencia cumplía su primer aniversario desde que en 2015 "salió a navegar. Un día muy especial y que recordamos con mucho cariño. Rodeado de...

lunes, 22 de febrero de 2016

Vitoria de Marcelli antes de asaltar Mallorca

Adestrando en O Rosal. Foto: Gabriel Marcelli / facebook O piloto rosaleiro, Gabriel Marcelli Carballido vén de gañar, onte 21 de febreiro, o XVI Trial Concello de Entrimo, primeira proba do Campionato Galego de Trial 2016. O noso veciño declaraba hai unhas horas que se atopa "moi contento co resultado, unha carreira para seguir aprendendo sobre a Montesa, cada día mellor". Toda a información desta proba e do primeiro Torneo Galego de Trial...

jueves, 18 de febrero de 2016

Catro rosaleiros, a polo ascenso a 2ª co Torroña

Boas a todos/as! Que tal! Comparto con vós esta reportaxe publicada onte, mércores 17 de febreiro, no suplemento "Campeones" da edición impresa do xornal Faro de Vigo, onde son protagonistas varios rosaleiros. Co título Tradición y calidad. El Torroña busca el ascenso a Segunda División faise un resumo das dúas décadas de existencia e "actividad constante" do equipo de veteranos oiense Embutidos Torroña. Na actualidade...

Obradoiro de creación literaria, por Carlos Negro

A Escola de Escritores-as da AELG presenta un Obradoiro de creación literaria, nesta ocasión impartido polo escritor Carlos Negro e con Baldo Ramos como autor convidado. Este obradoiro é posíbel grazas ao patrocinio do Concello de Pontevedra e a colaboración do Pazo da Cultura. Comezará o 27 de febreiro e terá unha duración de doce semanas, con cadansúa sesión de dúas horas. Está aberto o proceso de inscrición para as 25 prazas,...