domingo, 14 de septiembre de 2008

BRONCE FINAL OU ATLÁNTICO NO MUSEO E CASTRO DE SANTA TREGA (A GUARDA)

O MOTIVO
Debido a que a Universidade Compostelana nos encargara daquela (1997) un traballo sobre a Época do Bronce, chegamos ao coñecemento do achádego destas pezas no xacemento arqueolóxico de Santa Trega.
Por elo aproveitamos o dar a coñecer esta riqueza en bronce, que resultan ser das pezas máis antigas (metales) de canto material arqueolóxico se localizou neste poboado galaico-romano guardés. Como observamos, pois, estamos ante un asentamento Pre-Indoeuropeo.
E contemporáneo a esta Idade do Bronce, son -precisamente- os vinte e dous conxuntos máis interesantes de gravados de Arte Rupestre do Trega, cuxos motivos máis xerais son: coviñas, sucos, espirais, concéntricos, reticulados e serpentiformes, asociados en varios casos. Algúns destes petróglifos localízanse no propio poboado, pero a maioría se atopan por todo o Monte.
Agardamos que ao levarse a cabo o tan "halagüeño" proxecto de convertir o Trega en Parque Arqueolóxico, equivaldrá a contar con todo un "Museo ao aire libre", chegando a ser un lugar de estudo, de recreo e aínda, se cabe, de maior atracción turística...
(Continuará)