lunes, 19 de diciembre de 2011

34. LIBRE E SEN COMPROMISO

Na imaxe, xunto á xornalista Alba Maroño na gravación do programa para A Solaina (TVG)



Boas a todos/as dende o meu blog.

Escribo hoxe, 19 de decembro de 2011, con motivo da celebración, en breve, do meu 34 aniversario.


Sempre digo que “aínda onte tiña 18”, pero certo é que o tempo pasa, e voando. Pois iso, aproveito esta efeméride para anunciarvos varias cousas.


En primeiro lugar, que despois de seis anos (2005-2011) traballando para o Concello do Rosal nos departamentos de Cultura e de Turismo, este vindeiro 2012 debido á crise e á falta de financiación, sentíndoo na alma, non seguirei desempeñando as miñas habituais funcións. Por suposto sempre que O Rosal e o seu Concello necesite dos meus humildes servizos de colaborador-asesor en calquera tema, aí estarei.


Non quero que soe a despedida, porque para min non o é, pero quero dar dende aquí o meu público agradecemento a compañeiros/as, concelleiros/as e alcalde da vila polo exquisito trato recibido durante este tempo.


Descansarei estas Festas de Nadal e comezarei o ano 2012 con 34. Libre e sen compromiso. Aberto, por que non, a unha boa proposición de traballo e disposto a emprender novas e atractivas aventuras en calquera eido sociocultural. Din que “ano novo, vida nova”.


En segundo lugar, seguirei por suposto un ano máis –e xa van tres, ¡incrible!- coa dirección da web Noticias O Rosal, sen saber aínda sinceramente como enfocar o seu inmediato futuro no próximo 2012. O que teño claro é que polo Rosal e á súa cultura “vouno dar todo”. Se tedes ideas ou queredes colaborar, lémbrovos:

noticiasorosal@hotmail.com e juanramon@noticiasorosal.es e xa directamente, o meu móbil: 637 311 007.

En terceiro lugar, desta vez tampouco, -permitídeme- aínda que sexan 34. Libre e sen compromiso, non vou a falar de amor.

E nada máis, xa vos irei contando, que se non me lío. Simplemente dar as grazas a todas aquelas persoas que se implican, a todas aquelas que traballan, a todas as que en verdade, aínda que nos separe certa distancia ideolóxica ou quilométrica, estades aí. Bicos e apertas!