miércoles, 4 de abril de 2012

ILUSIONANTE PROXECTO LABORAL



Boas a todos/as de novo ao meu blog. Animeime por fin a escribir hoxe, 12 de abril, a primeira entrada deste ano.

Estou realmente feliz e ilusionado cun novo proxecto laboral no que me embarcarei en breve. Sexa arriscado ou non, vouno intentar... xa vos darei máis detalles. Iso si, seguirei, por suposto e mentras poida, dirixindo a miña querida web cultural Noticias O Rosal, unha das razóns polas que me levanto día a día cun sorriso na faciana e con ganas de loitar ante calquera adversidade ou inxustiza que esta vida nos ofrece.


Estou namorado. Namorado do Rosal, polo que de momento non me vou plantexar "emigrar", ao contrario, ese amor cada vez crece máis e aínda que un, polo xeral, non consiga ser profeta na súa terra, repito, vouno intentar...


Tal e como veño de comunicar tamén aos membros da Directiva da Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín, poño o meu cargo de presidente á súa disposición, animando a tomar o mando a aquela persoa ou persoas que estean capacitadas e con ilusión para seguir levando as rendas.


Eu, de momento, e mentras moitas ideas, declaracións e aínda plantexamentos equívocos non cambien, pola miña parte non continuarei, nin organizando nin xogando en competición "oficial". Simplemente, sen problema, xogarei -de forma amigable e cando me apeteza- ao futbolín.


Sempre digo o mesmo e non me cansarei de repetilo: "o que menos desexo na miña vida é a confrontación e o mal rollo, xa non. Sempre busquei, busco e buscarei a unidade e a xuntanza entre todos/as. Polo tanto, podedes estar tranquilos que non teño nada contra ninguén, nin fago nada para fastidiar ou burlarme do compañeiro/a, era o que me faltaba. Miña paz e tranquilidade valen bastante máis".


Teño a conciencia moi tranquila en todos os sentidos. "El que nada hace nada teme" din os Héroes do Silencio nunha das súas cancións. Así que...

Pois iso, agora a traballar pero gañando cartos, que o tempo dos parvos xa pasou, a disfrutar da vida, da familia, dos amigos/as, que levo bastante tempo "atado". E bueno, para comezar, este sábado voume de cea de aniversario...


Na actualidade -entre outros cometidos- estou traballando co meu pai na conferencia sobre os Muíños do Folón-Picón que será pronunciada no VIII Congreso Internacional de Molinología. Este ano celébrase os días 28, 29 e 30 de abril na Área Panorámica de Tui, baixo o tema "Innovación y Ciencia en el Patrimonio Etnográfico". Mantereivos informados.

Dependendo de como vaian as cousas, resérvome varios anuncios e moitas máis sorpresas para vindeiras entradas do blog. Abofé que as haberá.

Grazas a todos/as por estar aí, por ler esta parrafada e polo voso apoio e ánimo. O mesmo que me desexades volo desexo eu a vós. Saúde e felicidade. Bicos e apertas.