martes, 28 de mayo de 2013

ESTA FIN DE SEMANA (31 DE MAIO, 1 E 2 DE XUÑO) COMEZA A RUTA TAPEARTE A GUARDA




"TAPEARTE A GUARDA" UNE GASTRONOMÍA E ELABORACIÓN DAS ALFOMBRAS FLORAIS

Segundo nota de prensa remitida por Rosalía Verde dende o Departamento de Turismo do Concello da Guarda que dirixe Montserrat Magallanes, onte, luns 27 de maio, o alcalde José Manuel Domínguez Freitas e o presidente de Turismo Baixo Miño, David Villar Alonso, presentaron no Concello "Tapearte A Guarda", a ruta gastronómica que se desenvolverá os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño, en nove establecementos hosteleiros da Guarda.

A Asociación de empresarios y profesionales del sector turístico del Baixo Miño, Turismo Baixo Miño, organiza para esta fin de semana unha nova iniciativa gastronómica, que en palabras do presidente de Turismo Baixo “diferénciase doutras experiencias gastronómicas porque vincula a gastronomía coa elaboración das alfombras do Santísimo”, dous recoñecidos referentes na Guarda.


A finalidade é gozar dunha xornada descubrindo diferentes lugares e establecementos para degustar as tapas creadas especialmente para este fin de semana e ademais descubrir a laboriosa tarefa da confección das alfombras florais. O Alcalde da Guarda tamén resaltou a importancia destas iniciativas e que todas as accións serán ben acollidas xa que permiten dinamizar o sector servizos.

Esta iniciativa inclúe o sorteo dunha fin de semana no Hotel El Molino entre aqueles participantes que cubran as papeletas. A campaña pódese descargar co código QR e así dispor dos establecementos no móbil ou ben mediante Google Maps.

Os nove establecementos crearon un tapa especial que estará dispoñible durante esta fin de semana a un prezo de 2 euros:
·       Casa do Outeiro: Mar e Montaña
·       Restaurante Marouco: Tapa Marouco
·       Jamonería Anabel: Dobre Ibérico
·       Restaurante Gaviota: Rabo de Touro
·       Restaurante Arruaz: Espeto Arruaz
·       Restaurante Trasmallo: Veleiro Ibérico
·       Restaurante Xeito: Espeto de polbo sobre cama de ceboliña    e crema de pataca
·       Restaurante Bahía: Espeto mixto de carne á brasa
·       Hotel El Molino: Luras á galega