jueves, 11 de julio de 2013

EXPOSICIÓN DE XOÁN PIÑEIRO. TALLER E ARTISTA. ESTE SÁBADO DÍA 13 NA GUARDA



Tal e como se comunica dende a concellaría de Cultura da Guarda e hoxe lembran nas redes sociais escultores como o rosaleiro Julio Martínez Martínez, este sábado 13 de xullo ás 21.00 horas, inaugúrase na Casa dos Alonsos (Praza do Reló) unha exposición dedicada a Xoán Piñeiro.

A mostra, cuxa comisaria será a súa filla, Cuqui Piñeiro, "broncista e herdeira do legado do seu pai dende a Fundición Artebronce (antano taller de Xoán Piñeiro) de Goián", estará aberta ao público ata o 1 de setembro deste ano, de martes a sábado (de 11 a 14 e de 20 a 22 horas) e o domingo (de 11 a 14 horas).