miércoles, 22 de enero de 2014

FESTAS DA SAÚDE E SAN BRAIS EN TABAGÓN



As Festas de 2014 na honra da Virxe da Saúde e San Brais na parroquia rosaleira de San Xoán de Tabagón celebraranse dende o venres 31 de xaneiro ata o luns 3 de febreiro.

Tal e como reza o cartel, o venres, ás 13:00 horas, gran tirada de fogo graneado, con "treboada" ás 16:00 horas.

Xa ás 18:00 horas, Subida do Artístico Arco, con animado ambiente tradicional.


O sábado 1 de febreiro, ás 11:00 horas, entrada do Grupo de Baile Do Lusco ó Fusco. Ás 20:00 horas, presentación das orquestras Gran Parada e Charleston Big Band.

O domingo 2 de febreiro, ás 11:00 horas, fará a súa entrada a Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, ofrecendo pola tarde un concerto. 

Haberá hinchable para nenos/as e chocolate de balde para todos. Unha gran tirada de bombas anunciará o fin da festa.