miércoles, 8 de enero de 2014

OS REIS MAGOS REPARTIRON AGASALLOS EN O ROSAL A CENTOS DE NENOS E NENAS





Os Reis Magos de Oriente, coa inestimable colaboración do Concello do Rosal, repartiron o pasado domingo 5 de xaneiro agasallos a moreas entre os centos de nenos e nenas que con toda ilusión se achegaron ata a vila.




O Salón de Plenos acolleu a recepción que ofreceron Gaspar, Melchor e Baltasar aos máis pequenos. Xunto a eles, como sempre, os seus inseparables paxes, que os axudaron a facer unha xornada inesquecible para os rapaces.



Os Reis Magos de Oriente xunto co Concello, encargáronme facer esta reportaxe fotográfica que hoxe presento no meu blog. Segundo me confirman, cando volte o informático das súas merecidas vacacións, nuns días tamén estarán as imaxes disponibles na páxina web municipal.






Calquera cousa, xa sabedes, aquí estou¡Graciñas e saúdos!