lunes, 14 de abril de 2014

¡Noraboa Atlético Novás, noraboa O Rosal!



Dende aquí, a miña noraboa e os meus parabéns, tanto ao Atlético Novás, como ao Concello do Rosal, xa que segundo vén de confirmar o club de balonmán da vila "a fase de ascenso (2, 3 e 4 de maio) á División de Honor B será no Rosal".

Déixovos íntegra a mensaxe publicada no seu perfil de facebook hai uns intres:

"Sen dúbida noticia increible para o Mecalia Novás e para o concello do Rosal.

Logo de moitos anos, moitos quilómetros recorridos, moitas alegrías e tamén moitos choros, ... varios intentos despois de albergalo en O Rosal, será no 2014 cuando ao fin se celebre un torneo deste calibre.

Esperamos estar preparados para o que isto conleva, e trataremos que saia o mellor posible.

Daremos os mellores servizos aos afeccionados locais e rivais, xogadores, e todo aquel que desexe desprazarse á nosa terra para un espectáculo digno de ver.

Quedan tan só 18 días para que isto comece, e a directiva e colaboradores do noso clube traballarán desde xa!

AUPA NOVÁS!"