viernes, 26 de diciembre de 2014

A serie "7 Días" de Miño Films chega ao seu fin

A actriz Zaira Solla "Jeannette", nun momento da rodaxe do cuarto capítulo

Hoxe, venres 26 de decembro, gravaremos dende Miño Films (produtora audiovisual creada en O Rosal na compaña de Cristóbal Coímbra) parte do último capítulo da serie "7 Días".

Actores e actrices na casa de "Jore"

O Bodegón-Tapería Os Seixiños (A Gándara-A Guarda) acollerá pois, esta noite (23:00 horas) a rodaxe do desenlace desta webserie de periodicidade semanal que comezamos no mes de novembro.


Javito nunha escea, cortando o pelo na Peluquería Ignacio (O Rosal)

Dende aquí agradecer a todos os actores e actrices do Baixo Miño que participaron nesta produción, así como aos establecementos que nos cederon as súas instalacións para gravar moitas das esceas de "7 Días".


As actrices Rosy, Zaira, Marta e Arantxa, no descanso dunha rodaxe

¡Antes de que remate este ano 2014 xa poderemos disfrutar do capítulo final, o número 7!

¿Non viches aínda a serie?: Ver "7 Días" de Miño Films.