viernes, 12 de diciembre de 2014

Nace a I carreira popular "San Silvestre O Rosal"


O vindeiro mércores 31 de decembro recoméndovos a "I Carreira Popular San Silvestre O Rosal", organizada polo Club de Atletismo Manuel Suárez Marquier e o Concello, coa colaboración do Comercio da vila, que percorrerá as céntricas rúas do municipio, con saída e chegada na Praza do Calvario.

Segundo confirma a Organización, hai xa máis de 150 persoas inscritas, que poderán optar por dous percorridos. O primeiro, un de 2200 metros "para os que deciden correr" e outro, un de 930 metros "para os que prefiren facelo cos seus fillos camiñando, avós..."


Os dorsais se entregarán de 10 a 10:45 horas, rematando o prazo de inscrición o venres día 19 de decembro. 


P.D.: Para máis info, Concello do Rosal (986 62 50 00).