jueves, 15 de octubre de 2015

Jose & Rosy comezan hoxe nova xira por EEUU


Os internacionais bailaríns rosaleiros "Jose & Rosy" poñen hoxe, xoves 15 de outubro, de novo rumbo a Houston (EEUU), realizando unha xira que rematará o vindeiro martes 3 de novembro.



Aínda que o evento principal será o Dallas Bachata Festival (Texas), impartirán talleres en diferentes cidades como Atlanta e mesmo actuarán en México, presentando o seu novo show de bachata. 


¡Noraboa, moita sorte, Jose & Rosy, e a pasalo ben!