miércoles, 17 de octubre de 2012

OBRADOIRO PARA NENOS/AS DE COMO CONSTRUÍR UN MUÍÑO E DE FACER TELLAS





Co meu Tío Lito sempre presente, comezamos as tarefas que nos foron encomendadas nesta XXV Festa do Cabaqueiro.

O xoves 11 de outubro achegueime ata a Praza do Calvario para realizar a reportaxe fotográfica do obradoiro para nenos/as de como construír un muíño hidráulico, que se celebrou no Salón de Exposicións Municipal.

Este novidoso obradoiro estivo impartido por José Carlos Castro Martínez e contou co asesoramento e a presenza do veterano e coñecido muiñeiro, Nemesio Castro Álvarez.




De seguido, continuouse co obradoiro de facer tellas, tamén para nenos/as, que se celebra un día antes do día propio da Festa do Cabaqueiro (12 de outubro), dende o ano 2004. 

Entre os mestres cabaqueiros atopábanse ensinando a súa técnica, Trintiña, Piedra, Juanciño, Paco Campelo ou Juan Pérez. Igualmente, tamén tivemos a oportunidade de charlar con Pepe Cuncho e Benito Pinta.

Entre os presentes durante o obradoiro puidemos ver ao presidente da Asociación de Comerciantes (ACOR), José Martínez González "Pepe Berdeal" e ao vicepresidente da Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín, Sergio Casal Fernández "Yeya".