martes, 4 de junio de 2013

NORABOA PARA OS DEPORTISTAS LUIS MÉNDEZ, ÓSCAR VICENTE E DAVID GÓMEZ

Boas a todos/as de novo:

Dende o meu blog, quero dar as miñas máis sinceras felicitacións a tres deportistas rosaleiros que veñen de triunfar esta fin de semana polo mundo adiante nas súas respectivas modalidades.

Zaida, Luis e Irea pousan con Ezequiel Mosquera (Foto: C.C. O Rosal)

En primeiro lugar, parabéns para o ciclista principiante do CC.O Rosal, Luis Méndez Días, que o sábado gañou a súa primeira carreira, o I Trofeo Concello de Dumbría (A Coruña).

                                 Óscar, no máis alto do podium. (Foto: Yeray Menéndez / B Dream)

En segundo, felicitar ao triatleta Óscar Vicente Rodríguez, que se proclamou en Madrid campión do World Triathlon Promaster. Estou convencido de que en breve se codeará ao máis alto nivel  internacional cos Gómez Noya, Brownlee e cía.


E por último, a miña noraboa para o incansable decatleta, dúas veces olímpico, David Gómez Martínez, que se facía co segundo posto no prestixioso III Meeting Internacional de Arona (Santa Cruz de Tenerife).