martes, 4 de junio de 2013

MERCADO DO RELÓ. COMPRAS E DIVERSIÓN NA VILA DA GUARDA NESTA NOVA INICIATIVA




O Mercado do Reló nace coa pretensión de potenciar e dinamizar o comercio local guardés. Segundo nota de prensa que foi remitida ao meu correo (juanorosal@hotmail.com), "esta iniciativa dos comerciantes vai engalanar diversas rúas e prazas do casco antigo da vila e vai encher estes espazos con actividades, música e exposicións.

Durante todo o sábado, 8 de xuño, os comerciantes ofertarán os seus produtos dun xeito diferente, na rúa, e haberá unha interesante oferta lúdica como desfiles de moda, inchables e actividades para os pequenos, exposición de motos antigas ou mesmo antigüidades.

Esta xornada vai ser unha novidade polo que se convida a veciños e visitantes a achegarse ata A Guarda e descubrir esta nova iniciativa, o Mercado do Reló".