viernes, 31 de mayo de 2013

CAMPUS MULTIDEPORTE NA GUARDA




Segundo nota de prensa que me foi remitida, "o Concello da Guarda organiza un Campus Multideporte na segunda quincena de xullo, destinado a rapaces e rapazas de entre 8 e 16 anos".

"Os participantes combinarán a práctica de distintas modalidades: fútbol no Campo Municipal da Sangriña, natación na Piscina Municipal e deportes de raqueta, volei-praia, etc nas instalacións do Club de Tenis Codesal e na contorna da Lamiña".

Lémbrase que este Campus estará orientado por diferentes monitores e se desenvolverá "de luns a venres en horario de 9 a 14 horas, podendo inscribirse os interesados entre o 14 de xuño e o 5 de xullo".

Para máis información: deporte@aguarda.es ou no teléfono 986 61 45 46.