sábado, 24 de agosto de 2013

MAÑÁ PRESENTAREI EN BEMBRIVE (VIGO) A II EDICIÓN DE GALICIA AWARDS CACHE 2013


Na imaxe, presentando a I edición de Galicia Awards Cache de 2012

O vindeiro domingo 25 de agosto, as magníficas instalacións da Sociedad Cultural Deportiva y Recreativa "Helios" de Bembrive (Vigo) acollerán a II edición da Galicia Awards Cache 2013, onde se entregarán os premios aos mellores cachés (tesouros) de Galicia e Portugal e que terei a honra de presentar, por segundo ano consecutivo.

Este evento de geocaching*, que está organizado pola Peña Celtista Sufridores Celestes, que preside Amada Lago, será benéfico, a favor de Cáritas Bembrive, podendo doar os asistentes 1 kg de alimentos non perecedeiros. Durante todo o día (de 10 a 20 horas) celebrarase a I Feira de Artesanía.

Despois do éxito acadado o pasado ano, vólvense a repetir os Xogos Populares en Familia, que comezarán ás 12:00 horas.

Xa ás 13:30 h., está previsto realizar un Flashmob do coñecido tema “Gangnam Style”, que será a antesala da “Geochurrascada”, unha especial comida-xuntanza, que terá lugar de 14 a 16 h.


A II Galicia Awards Cache acollerá tamén unha sesión de cine, co estreo en España (V.O. subtitulada) da película sobre geocaching, Splinterheads. Isto será ás 16 horas.

O prato forte comezará ás 18:00 horas coa Gran Gala de Premios “Galicia Awards Cache 2013”, que contará coas actuacións musicais do grupo Xarope de Uva e do dúo Dealonsos, ademais da presenza sorpresa nos escenarios dun coñecido monologuista.

            Entregaranse os seguintes premios:  
PREMIO AO MELLOR CACHE URBANO DE GALICIA
PREMIO AO MELLOR CACHE DA NATUREZA DE GALICIA
PREMIO AO MELLOR CACHE PUBLICADO NO 2012 DE GALICIA
PREMIO AO MELLOR EVENTO DE GALICIA
PREMIO AO MELLOR CACHE DE PORTUGAL 2012
PREMIO AO MELLOR CACHE DE GALICIA 2013

Colaboran neste evento a nivel Galicia e Portugal, entre outros, SCDR “Helios” de Bembrive, Entidade Local Menor de Bembrive, Kiosko Bichiño, O Novo Adro, Café Bar Ouro e TK Motor (Vigo).

*Geocaching. Segundo Sufridores Celestes “consiste en la búsqueda de Tesoros o Caches -mediante coordenadas GPS- que la gente esconde en determinados lugares. ¿Qué se puede encontrar en un Cache? de todo lo que te puedas imaginar: broches, monedas, juguetes, cualquier cosa que se le ocurra ocultar al propietario del Cache. Los Caches son recipientes de diferentes formas y tamaños, normalmente escondidos, para que la gente que no los esté buscando los encuentren.


Lo bueno de esta actividad es que no solo puedes encontrar los tesoros que los demás esconden, también puedes dar de alta un cache y esconderlo en un lugar concreto que te gustaría que la gente visitara.

Lo más fácil de todo es saber dónde hay un cache. Lo puedes hacer desde la web http://www.geocaching.com/ donde te das de alta y buscas los caches que hay cerca de ti. Otra forma es bajarte la aplicación de Geocaching para tu móvil con IOS, Android… Es muy fácil de usar, abre la aplicación, selecciona los caches que tengas cerca y comienza la aventura, el programa incluye mapas y brújula”.

O geocaching naceu en Estados Unidos fai 13 anos, contando na actualidade con máis de 6 millóns de geocachers e con máis de 2 millóns de caches repartidos por todo o mundo.

Cómo chegar ata Bembrive. En coche: autovía A52, A55 Destino Vigo, saídas 667 e 666. Autopista A9 destino Vigo, saídas Puxeiros, enlace coa A52.