martes, 15 de julio de 2014

Noticias O Rosal, 4000 seguidores en Facebook



Estes días a web cultural Noticias O Rosal vén de alcanzar os 4000 seguidores na rede social Facebook. Dende aquí, e como Director da mesma, só podo dar as miñas sinceras grazas pola vosa fidelidade, por lernos e por eses miles de "me gusta".

Certamente é un claro incentivo para seguir -con máis forza e ilusión aínda- reflectindo as novas culturais e deportivas da nosa benquerida e fermosa vila.

Orgulloso en verdade de vivir neste paraíso, neste "Xardín do Baixo Miño", graciñas de novo e ¡Viva O Rosal!