martes, 15 de diciembre de 2015

Un gran petróglifo e unha ruta digna de admirar


O pasado sábado 12 de decembro, de mañá, asistín á presentación oficial do recén recuperado Petróglifo de Ghorghalado, sito na parroquia rosaleira de San Bartolomeu das Eiras.


Nesta primeira visita, despois da restauración e intervención sobre os gravados por parte dos correspondentes organismos, convidados polo Concello do Rosal, achegueime co meu pai, o historiador e arqueólogo Xoán Martínez Tamuxe.


Xa de tarde, na andaina organizada tamén polo Concello e dirixida por Antonio Castro Rozados, con paseo á capela da Madanela pola súa fermosa senda, cunhas paisaxes dignas de admirar, fun na compaña do amigo escultor da vila, Julio Martínez Martínez.


A partir de agora vén, quizais o máis difícil, o mantemento deste patrimonio. Agardemos que a conservación, limpeza e o civismo da xente que o visita, estea á altura do descubrimento e da actuación levada a cabo. 


Hai que ter fe en que si, xa que non cabe dúbida que é unha importante parte da nosa cultura, das nosas raíces. Dende aquí, noraboa a todos/as que o fixeron posible.