miércoles, 6 de enero de 2016

Graciñas a todos/as por este histórico ano 2015


Non podo máis que agradecer inmensamente a todos/as a confianza que depositáchedes en min este ano 2015. Agardo que sigades nesta "fantástica liña" en 2016 (jeje).

En serio, graciñas de corazón a todas as entidades, tanto públicas como privadas, que contáchedes comigo para presentar eventos, guiar andainas e rutas, ofrecer explicacións, escribir discursos, elaborar artigos, etc.

Especial recoñecemento, dende aquí, ao concello do Rosal, ao de Ponteareas, A Guarda e Oia, ao Club Ciclista O Rosal, ao Acanor Atlético Novás, a Luis Paz e Fáunicas, a Sergio Trinta e o Seixiños, á AELG, a Bluscus, á Experiencia Ecotur e Uniminho, etc, etc. 

Este ano foi un "non parar" -con viaxe dun mes por Canadá e EEUU incluída- pero orgulloso de traballar e dar o máximo pola miña vila do Rosal, polos meus veciños da "Comarca" e polos meus paisanos de GaliciaAínda que tiven que sacrificar moito tempo de lecer persoal, confésovos que, por suposto, ¡valeu a pena!

Aproveito dende aquí, xa que moitos me preguntáchedes, que precisamente, despois de 3 anos como autónomo, dende o pasado 2015 traballo e facturo como "freelance" (profesional por conta propia do mundo audiovisual, da comunicación e da cultura). 

¡Que pasedes un Feliz 2016, moita saúde e para o que precisedes, aquí estou á vosa disposición! ¡Bicos e apertas para todos/as!