lunes, 4 de enero de 2016

A II San Silvestre O Rosal despediu o ano 2015


Fotografías: Jacinto Domínguez (Infomiño) // Xoán M. Tamuxe (Noticias O Rosal)

O xoves 31 de decembro, último día do 2015, celebrouse a II Carreira Popular San Silvestre O Rosal, organizada polo Concello coa colaboración do comercio da vila, así como do Club Ciclista e diferentes voluntarios.


A esta actividade deportiva -non competitiva- máis ben de "xuntanza familiar", concorreron ao igual que a primeira edición, máis de 300 participantes, na súa maioría veciños da nosa zona baixomiñota.



Dende aquí o meu agradecemento á organización do evento por volver a contar comigo para a presentación e narración das probas deportivas e do sorteo de agasallos, que tiveron lugar na céntrica Praza do Calvario.