jueves, 7 de enero de 2016

Mario F. e Zaida G., Subcampións de Galicia


O Club Ciclista O Rosal volve a estar de noraboa, xa que os seus corredores Mario Fernández e Zaida González veñen de proclamarse esta fin de semana Subcampións da Copa Galicia de Ciclocross tras subir ao podium en Maceda (Ourense), ambos no 3º posto.

Remataba así o Calendario Galego de Ciclocross, tamén con outro podium para Diego Santomé e un 5º posto para Iago Álvarez


Na categoría Júnior, como se pode ler na web do CC.O Rosal, "tanto Xoel Villa como Ero Sobrino acadaban os seus mellores resultados da tempada ao rematar 7º e 9º respectivamente".

"Unha vez rematada a tempada galega de Ciclocróss xa tan só queda a derradeira proba da Taça de Portugal e os Campionatos de España que se disputan a vindeira fin de semana, campionatos aos que tanto Mario como Zaida van acudir seleccionados coa Selección Galega".