III EDICIÓN DO CONCURSO DE XOVES INTÉRPRETES ANTONIO GRANJA 2016

Juan Ramón foi o presentador deste certame, organizado pola Agrupación Musical do Rosal que preside Iván Diego Martínez

PRESENTADOR DO II CONCURSO VECIÑAL DA TORTILLA DE PATACA (PÍAS-O ROSAL)

Este orixinal e divertido evento sociogastronómico serviu de inauguración dos actos e festexos da tradicional Feira de San Gregorio

REPORTAXE DE FÁUNICAS DO NOSO ENCONTRO COS OSOS EN KODIAK E KATMAI (ALASKA)

Incrible experiencia a vivida nas lonxanas e salvaxes terras de Alaska, fotografiando aos osos pescando en plena e idílica natureza

GUÍA OFICIAL NA VILA DO ROSAL DA EXPERIENCIA ECOTUR DE UNIMINHO

Explicacións da Cultura Cabaqueira no Centro Etnográfico, visita aos muíños do Folón e aos petróglifos de Ghorghalado en Eiras

PRESENTACIÓN DE TODAS AS CATEGORÍAS DO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN

O Restaurante Juan (O Rosal) acolleu este acto deportivo no que se presentou un por un a todos os xogadores/as para a tempada 2015-2016

MES DE RODAJE Y VIAJE POR NEW YORK, MONTREAL (CANADÁ) Y ALASKA (ESTADOS UNIDOS)

En la imagen, Juan Ramón desplegando orgulloso la bandera de O Rosal con la Estatua de la Libertad al fondo (Liberty Island-New York)

A II ANDAINA 10K O ROSAL FEIRA DO VIÑO VISITA O TAMUXE E AS ACEÑAS

Os participantes na andaina posando para a posteridade na área recreativa do Muíño das Aceñas (San Miguel de Tabagón)

O ACANOR ATLÉTICO NOVÁS PRESENTOUSE AO GRANDE ANTE A SÚA AFECCIÓN

Na imaxe, presentando ao xogador David Lechuga e ao novo adestrador do primeiro equipo, “Jota”, na balconada do Concello do Rosal

PRESENTACIÓN DA II EDICIÓN DA CARREIRA E ANDAINA 10K O ROSAL FEIRA DO VIÑO, 2015

Con Serafín Martínez Acevedo, coordinador da 10k O Rosal, na presentación da XXIII Feira do Viño do Rosal que tivo lugar na Abadía das Eiras

BORJA OUBIÑA, CAPITÁN DO REAL CLUB CELTA DE VIGO, ANUNCIA A SÚA RETIRADA

Na imaxe, entrevistando a Oubiña para a canle de Miño Films TV, na presentación da pasada edición da carreira e andaina 15k del Atlántico

PRESENTACIÓN DA PLANTILLA DO CLUB CICLISTA O ROSAL PARA A TEMPADA 2015

O evento serviu como homenaxe ao ciclista Raúl Fernández. Na imaxe, co seu compañeiro Toñi Portela, autoridades municipais e plantilla do Club

1ª ANDAINA DE SANTA CRUZ A SAN LOURENZO (A GUARDA- O ROSAL –GOIÁN, TOMIÑO)

Juan Ramón foi o guía do concello do Rosal nesta camiñada organizada polos tres municipios baixomiñotos e que se celebrou o 21 de febreiro

PRESENTADOR-SPEAKER DA CARREIRA E ANDAINA “I SAN SILVESTRE O ROSAL”

Organizada polo Club de Atletismo Manuel Suárez Marquier e o Concello, a San Silvestre reuniu a máis de 300 participantes

A ANDAINA 15K REÚNE A MÁIS DE 150 PERSOAS, PERCORRENDO OIA, O ROSAL E A GUARDA

A segunda edición do evento deportivo-cultural “ 15k del Atlántico” superou os 800 participantes. O atleta Pedro Nimo volveu a vencer na carreira

PRESENTACIÓN OFICIAL DE LA CARRERA Y LA ANDAINA “15K DEL ATLÁNTICO"

En la imagen, intervención de Juan Ramón, junto a los deportistas Serafín Martínez, Borja Oubiña y los alcaldes de O Rosal, A Guarda y Oia.

JUAN RAMÓN E CRISTÓBAL COÍMBRA CREAN A PRODUTORA AUDIOVISUAL “MIÑO FILMS”

Miño Films traballa para particulares, empresas e medios de comunicación, gravando eventos culturais e deportivos, spots publicitarios, festas, etc.

COS DEPORTISTAS ÓSCAR VICENTE E SERAFÍN MARTÍNEZ NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Entrevista na Radio Municipal de Tui como coordinadores da primeira edición do evento deportivo-cultural 10k O Rosal Feira do Viño

ENTREVISTA PARA O PROGRAMA “DESDE GALICIA PARA EL MUNDO” (TVE INTERNACIONAL)

Juan Ramón foi entrevistado para o coñecido programa do Canal Internacional de TVE sobre os 67 Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO, O ROSAL 2014

Na imaxe, Juan Ramón, presentador desta segunda Gala do Deporte 2011-2014, dando a benvida aos homenaxeados/as e público asistente

O ROSAL HOMENAXEA AOS SEUS DEPORTISTAS. II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

Este sábado 12 de abril presentará no Auditorio Municipal a gala onde se premiarán aos deportistas máis destacados entre os anos 2011 e 2014

RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA, DISPUTARÁ O MUNDIAL DE CICLOCROSS 2014

Na imaxe, Raúl con Juan Ramón, na recepción oficial que se lle ofreceu no Rosal tras as súas vitorias en Dumbría (A Coruña) e Segorbe (Castellón)

XUNTANZA DOS MEMBROS DO INSTITUTO DE ESTUDIOS TUDENSES NA ÁREA PANORÁMICA

De esquerda a dereita: Rafael Sánchez Bargiela, Marta Cendón Fernández, Silvia González Soutelo, Juan Ramón, Xavier Añoveros Trías de Bes, Ernesto Iglesias Almeida, Antonio Hernández Matías, Jaime Garrido Rodríguez, Clodio González Pérez e Xoán Martínez Tamuxe.

MÁXIMO ESPECTÁCULO E NIVELAZO NO V CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS

De pé: Gera, Dani, Galis, Ángel, Sevi, Gus, Yors, José, Xián, 29, Tuka e Luis. Abaixo: Trinta, Ruth, Pipu, Juan, Frony, Dieguito, Diego e Yeya

PRESENTACIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO” NO TALASO (MOUGÁS-OIA)

Na Praza do Calvario (O Rosal) con Serafín Martínez Acevedo, exciclista profesional e coordinador desta fermosa carreira pola costa

NORABOA A YOEL, PORTEIRO DO REAL CLUB CELTA DE VIGO (PRIMEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL)

Na imaxe, co cancerbeiro vigués, titular do equipo olívico nesta tempada 2013/2014, nunha recente visita realizada a O Rosal

II CHURRASCOPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2013. CHURRASCO, FUTBOLÍN E TUTE

Na imaxe, os participantes que disfrutaron desta segunda edición do “Churrascopen”, celebrada no Bar Troya (Marzán-O Rosal)

BEMBRIVE (VIGO) ACOLLEU A II EDICIÓN DE GALICIA AWARDS CACHE 2013

Por segundo ano consecutivo a Organización do evento de Geocaching volveu a elixir a Juan Ramón como presentador da gala de premios

JUAN RAMÓN INTERVIU NO PROGRAMA “DESCUBRINDO O BAIXO MIÑO” DA RMT

Na imaxe, co director da emisora, José Font Moldes e cos seus compañeiros, os historiadores Suso Vila, Xoán M. Tamuxe e Rafael S. Bargiela

O ROSAL ACOLLEU O IV CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS 2012

Na imaxe, os 26 xogadores/as que participaron neste evento do XXV aniversario da Festa na honra dos Mestres telleiros do Baixo Miño

ENTREVISTA A ÓSCAR VICENTE RODRÍGUEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIATLÓN 2012

Na imaxe, co triatleta rosaleiro, que foi recibido no Concello polo Alcalde, a tenente de Alcalde e a concelleira de Cultura

JUAN RAMÓN FOI O PRESENTADOR DA I EDICIÓN DE GALICIAN AWARDS CACHE 2012

Na imaxe, en Bembrive (Vigo), geocachers, participantes e organizadores desta entrega de premios aos mellores tesouros (cachés) de Galicia

O EQUIPO FORNELOS/CRUCES, CAMPIÓN DO III OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR TROYA

Sergio Diego Fernández (Frony) e Carlos Álvarez Antúnez (Sevi) foron os vencedores deste torneo no que participaron 32 xogadores/as

NO XXXIII FESTIVAL DE PARDIÑAS (GUITIRIZ) E NAS XCIX FESTAS DO MONTE (A GUARDA)

Na imaxe, comezando a romaría ao Monte Santa Trega con Olalla, Luis, Pedro e Juan, tras asistir á VI Festa do Percebe de Viladesuso (Oia)

JUAN RAMÓN PARTICIPOU NA HOMENAXE DO ROSAL A FLORINDO ÁLVAREZ MARTÍNEZ

Na imaxe, recitando “Sueño poético de mi Marzán” da autoría de Florindo Álvarez Martínez, coñecido popularmente como Floro de Pancenteo

AGRADECEMENTO Á COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA DE BAÍÑA

Este sábado 2 de xuño fomos convidados a unha xuntanza-sardiñada no Centro Social e Cultural de Santa Mariña de Baíña (Baiona)

VILAMEÁN ACOLLEU A PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE OS MUÍÑOS DO PORTO

Na imaxe, os autores con Celso Fernández, presidente da Comunidade de Montes e con Rosa Dopazo, alcaldesa pedánea

JUAN RAMÓN PRESENTOU O I RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

O acto celebrouse o 20 de febreiro de 2011 no Auditorio Municipal, homenaxeando a deportistas e clubs da vila

TAMUXE E JUAN RAMÓN PRESENTAN O LIBRO SOBRE OS MUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN

Os autores estiveron acompañados polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o Alcalde do Rosal, Jesús Mª Portela

PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE A MADANELA (BURGUEIRA E BARRANTES)

Na imaxe, o presidente e o secretario da Comunidade de Montes de Barrantes, cos autores

DENDE 2005 VEN REALIZANDO RUTAS GUIADAS POLOS MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN

Na imaxe, coas alumnas da Escola Superior de Turismo Welton, de Vigo, ao pé da carreira de Martín, no sector medio dos muíños do Folón

JUAN RAMÓN, UN DOS REPRESENTANTES DO CONCELLO DO ROSAL NA XXX EDICIÓN DE FITUR

Na imaxe, en Madrid, na Feria Internacional de Turismo, coa actriz galega María Castro, unha das “madriñas” do Camiño Portugués pola Costa

EN 2009 CREA O I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN NA HONRA DOS MESTRES CABAQUEIROS

Na imaxe, xogadores, colaboradores e telleiros pousando durante a entrega de premios na Festa do Cabaqueiro 2010

JUAN RAMÓN É O GUÍA DAS ANDAINAS CULTURAIS “O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO”

Na imaxe, os participantes da andaina eclesiástica de abril do pasado ano, diante da capela de San Vicente (Marzán)

jueves, 27 de septiembre de 2012

¡¡A FELICIDADE É NON NECESITALA!! SAÚDE, PAZ, TRANQUILIDADE, TRABALLO E ¿AMOR?


Boas! Que tal. Desexando que estedes ben, coméntovos rapidamente cales serán algunhas das actividades culturais e de lecer nas que estou inmerso os vindeiros días.

sábado 29 de setembro ás 23:00 horas, terá lugar no Bar Troya (Marzán-O Rosal) a entrega de diplomas a todos os participantes do I Churrascopen de Futbolín que se celebrou o pasado día 15.

Neste mesmo acto tamén poderemos ver a reportaxe fotográfica de máis de 200 imaxes que se realizou durante esa im-presionante e inesquecible xornada lúdico-gastronómica de amizade e futbolín.

Así mesmo, os/as que o desexen, poderán participar nalgunhas das esceas da curtametraxe ¿Xoghas unha?, un film que terá ao noso querido futbolo como un dos seus eixes centrais.


Quero agradecer e lembrar que, dende que hai tres meses comecei a miña andaina como emprendedor sociocultural autónomo, tanto o III Open de Futbolín O Rosal 2012 como I Churrascopen realizáronse no Bar Troya, porque este foi o primeiro e ata o de agora único local (bar-cafetería) da zona que ten contactado comigo. 


Aínda que como sabedes, o Bar Troya sexa o meu bar de toda a vida -e onde certamente o fin de semana, se podo, formo parte case que do mobiliario- confesarvos con toda sinceridade e con termos futbolineiros que estou aberto a calquera proposición pero "estes meses, aparte de estar liadísimo co meu traballo, non houbo ningunha oferta, nin petición, nin negociación seria para organizar evento co futbolín por parte de algún local que non fose o Bar Troya".




Polo tanto só colaborarei neste sentido, se chegamos a un acordo final, con quen contacte comigo, ¡non me dá o tempo! Teño efectivamente que elixir moi ben o que fago... e a axenda -dou grazas- xa a comezo a ter bastante ocupada. 

Con isto, co meu típico "rollo", quero deixalo ben claro. Necesito deixalo claro, porque en verdade, para min o futbolín é simplemente un xogo, un hobby e estaredes cansos de escoitalo ou de lelo, o meu único fin e obxectivo é que polo menos todos levemos un recordo destas xuntanzas (diplomas, trofeos, medallas, o que sexa) e pasemos un agradable rato entre amigos/as.

E como sabedes, o vindeiro sábado 6 de outubro, a partir das 15:00 horas, xogarase na Praza do Calvario do Rosal o agardado IV Campionato Os Cabaqueiros, na honra dos mestres telleiros do Baixo Miño, no XXV Aniversario da súa Festa. A principios de semana xa vos  confirmarei como tedes que facer se queredes apuntarvos, cales son as bases do torneo e cando se abre o prazo de inscrición para poder participar.

O venres 12 de outubro, na Festa da Pilarica, ás 16:30 horas, intres antes do pregón e da demostración cabaqueira, terá lugar o acto de Entrega de premios e diplomas deste IV Campionato.

Un día despois precisamente da "XXV Romancha", o 13 de outubro, realizarei unha novidosa actividade para nenos/as que consistirá nunha ruta guiada e un obradoiro de calcos de petróglifos ao aire libre, in situ, nalgúns dos gravados rupestres máis importantes e curiosos da Vila do Rosal. Xa vos contarei tamén, en breve.



Sigo, igualmente, traballando na miña web cultural Noticias O Rosal. Por certo, rapazas, proximamente serán anunciadas as datas exactas para a inscrición e posterior celebración do III Campionato Feminino, así que, ¡estade atentas!

E en verdade con moita ilusión, xa que ademais teño varios e interesantes proxectos enriba da mesa. Entre eles, destacar o estudo dunha atractiva senda turístico-cultural ou a proposta para colaborar  en varios medios de comunicación e aínda nunha importante páxina de información e sociedade en internet. ¡¡A ver se non se quedan só en proxectos e algún día ven a luz!! ¡¡Intentareino!!



E xa non vos lío máis. Confesarvos que estou tranquilo, feliz e contento. Certamente o levantarme a diario e traballar no que me gusta, o apoio dos máis queridos, a boa compañía, a saúde e o ter a conciencia tranquila, tamén axudan bastante a este sensacional benestar vital no que me atopo.

Como proclamaba Séneca "a felicidade é non necesitala". Desexándovos isto... moita saúde, traballo e por que non... ¿amor?, despídome ata a próxima. ¡¡Coidádevos!!

¡¡Bicos e apertas!!

viernes, 21 de septiembre de 2012

¡¡RAPACES E RAPAZAS, XA ESTÁ AQUÍ O IV CAMPIONATO DE FUTBOLÍN NA HONRA DOS CABAQUEIROS!! ¡¡SÁBADO 6 DE OUTUBRO!!




Rapaces e rapazas. ¡¡Xa está aquí!! 

O sábado 6 de outubro celebrarase na Praza do Calvario do Rosal o IV Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros 2012 para todas as persoas que pertenzan á comarca do Baixo Miño (O Rosal, A Guarda, Oia, Tomiño e Tui).

Organizarei novamente, con toda a ilusión e alegría do mundo, este evento lúdico-deportivo e sociocultural, que este ano conta, entre outros, coa colaboración da Asociación Os Cabaqueiros e do Concello do Rosal.

Con motivo do XXV Aniversario da Festa do Cabaqueiro, como novidade, xogaranse todas as partidas o sábado, dende as 15:00 horas. O prezo da inscrición (que será individual) é de tan só 5 euros, co mesmo sistema que os “Open de Futbolín O Rosal”, coñecendo a parella de cada xogador/a por sorteo, intres antes do comezo do torneo.

Dende a Organización –e debido á crise económica- decidiuse rebaixar a cota de inscrición para xogar o torneo, así como modificar nesta edición, coincidindo co XXV aniversario da Festa do Cabaqueiro, o dito sistema de elección de equipos para desta maneira fomentar, máis, se cabe, a participación de novos xogadores/as de futbolín e disfrutar dunha xornada de ocio entre amigos/as nesta homenaxe aos vellos mestres telleiros.

A entrega de premios e trofeos terá lugar o venres 12 de outubro, ás 16:30 horas, intres antes da lectura do pregón da XXV Festa do Cabaqueiro, que este ano estará a cargo do recoñecido historiador e profesor guardés Ermelindo Portela Silva.

¡¡Vivan os CABAQUEIROS e viva o FUTBOLÍN!!





XORNADA INESQUECIBLE DE AMIZADE E FUTBOLÍN NO I CHURRASCOPEN 2012





O pasado sábado 15 de setembro celebramos no Bar Troya o I Churrascopen de Futbolín 2012. Unha inesquecible xuntanza lúdico-gastronómica entre amigos/as, con churrasco e futbolín todo o día.




Destacar a participación de dous nenos convidados pola Organización, Marcos Diego Santiago e Brian Fernández Alonso, que formaron o equipo de futbolín "Mini Dúo" e que nunha partida da fase de grupos, para a historia, lles gañaron aos campións finais, "Os Criollitos", Sevi e Yeya.




Precisamente, o bombo do sorteo deparaba unha das parellas máis fortes, formada por Carlos Álvarez Antúnez (Sevi) e Sergio Casal Fernández (Yeya), "Os Criollitos", favoritos dende o principio e que confirmaron partida a partida a súa superioridade durante todo este I Churrascopen.



Subcampións do torneo quedaron Conchi Barbosa González e Rubén Santos Paz (Delio), "As Fanecas Bravas". O terceiro posto foi para "Churrasco", equipo formado por Sergio Diego Fernández (Frony) e Jorge Díaz Rocha (Tuka), que gañaron o partido de consolación diante de Gera González Gómez e Luis Martínez Pereira, "Como Quieras".




Agradecer dende aquí o bo rollo, a colaboración e a axuda ofrecida  polo Bar Troya, Jorge Martínez e por todos os participantes, en especial de Diego "Tazas", Delio, Gus, Quesy, Yeya, Nina, etc.  




O vindeiro sábado 29 de setembro a partir das 23:00 horas no Bar Troya poderanse ver as fotografías deste I Churrascopen de Futbolín  e terá lugar o acto de entrega dos diplomas a todos os participantes e colaboradores.




CLASIFICACIÓN FINAL DO I CHURRASCOPEN 2012

1º: OS CRIOLLITOS (Sevi e Yeya)
2º: AS FANECAS BRAVAS (Conchi e Delio)
3º: CHURRASCO (Frony e Tuka)
4º: COMO QUIERAS (Gera e Luis)
5º: EN TUS MANOS (María e Quesy)
6º: PEPINO’S TEAM (Peter e Óscar)
7º: OS CAPITÁNS (Vanesa e Juan)
8º: GAAAAS (Trinta e Adri)
9º: STOICHKOV (Galis e Rubén)
10º: PODEMOS (Diego e Jose)
11º: VAMOS JODIDOS (Yors e Benjamín)
12º: LOS PADRINOS (Gus e Alfredo)
13º: BURRAS CLUB (Carlos, Dieguito e Fofi)
14º: CAMPUSINOS (Ofelia e Pablo)
15º: MINI DÚO (Brian e Marcos)
16º: JOSE Y TUKA (Usue e Pipu)
17º: OS FANEQUIÑAS (Kevin e Santi)
18º: NOVA RUMASA (Carolina e José Luis)


jueves, 13 de septiembre de 2012

ESTE SÁBADO 15 DE SETEMBRO CELÉBRASE NO BAR TROYA O I CHURRASCOPEN 2012




Boas a todos/as:

¿Que tal estades? ¡Agardo que ben!

Coméntovos que este sábado 15 de setembro celebraremos no Bar Troya o I CHURRASCOPEN DE FUTBOLÍN 2012, unha festa lúdico-gastronómica, onde nos xuntaremos para pasalo ben co noso xogo preferido á vez que degustamos un bo churrasquiño.

O evento ten participación libre, calquera se pode apuntar, con agasallo de lembranza asegurado e coa opción de só comer o churrasco ou tamén de xogar un amigable torneo de futbolín entre os/as asistentes. Todo isto (churrasco-open) polo fantástico prezo "anti-crise" de ¡¡5 euriños!! O prazo de inscrición rematará este venres pola tarde.

Coa inestimable axuda de moitos/as de vós e do Bar Troya que, dende que solicitei colaboración para o meu novo proxecto sociocultural se está implicando ao máximo, celebraremos unha nova xuntanza. ¡Desta vez, todo o día! A partir das 12 da mañá alí estaremos, en Marzán, para comezar a organizar todo e botarlle as primeiras partidiñas ao futbolín.

Ás 15 horas comezará oficialmente o I CHURRASCOPEN. Comeremos, faremos o sorteo dos equipos e ¡a xogar e a disfrutar!

Se queredes máis información ou anotaros nesta festa do futbolín, non dubidedes en contactar comigo.

¡Graciñas e saúde! Bicos e apertas!

martes, 11 de septiembre de 2012

O MEU AGRADECEMENTO Á ORGANIZACIÓN DA I EDICIÓN DE GALICIAN AWARDS CACHE




Xa de volta no Rosal, vai o meu agradecemento para a Organización da I edición de Galician Awards Cache que se celebrou este domingo 9 de setembro no auditorio da Sociedad Cultural Deportiva y Recreativa "Helios" de Bembrive (Vigo) e que tiven a honra de presentar.


Hai que lembrar que moitos dos cachés galegos están situados en fermosos lugares turístico-culturais do Baixo Miño.


Velaquí vos deixo unha pequena crónica e a reportaxe fotográfica desta inesquecible xornada:

De mañá, tivo lugar nesta parroquia viguesa, a “I Gimcana A Caza do Tesouro”, unha divertida proba que xuntou a maiores e pequenos; houbo un novidoso flashmob de danza oriental onde participaron medio cento de persoas e unha churrascada popular nas instalacións de “Helios”.


Xa de tarde entregáronse os premios aos mellores tesouros (cachés) de Galicia dentro do interesante -e cada vez máis coñecido- xogo/deporte do Geocaching*.


Resultou premiado como mellor caché de fóra de Galicia “Sons da Floresta” de Jotapesantos (Pedro Santos, “O mestre do Geocaching”, de Portugal). Entregou o premio Emilio Viéitez, un dos organizadores e membro de “Sufridores Celestes”.


O terceiro premio ao mellor caché de Galicia foi para “Cabo da Nave” de “El Correlimos”. O segundo recaíu en “El Código da Vinci”, de “Lalomt” (Lalo Monteagudo), sendo entregado o premio por Manuel Mayo, delegado de Deportes de “Helios”.


O vencedor da I edición dos Galician Awards Cache 2012 ao mellor caché de Galicia foi para “Monasterio de Lérez” de “Almarán” (Álex, Marta e Ana). Entregou o premio aos gañadores Marcelino Barreiro, presidente da S.C.D.R. “Helios” de Bembrive.


Destacar as diferentes actuacións durante a I Galician Awards Cache, do grupo musical “Tincho Fernán y Cía”, lembrando que coa súa canción “Nada, nada” estiveron no Maketón dos 40 Principales e na actualidade preparan o seu primeiro disco, co recoñecido produtor Javier Abreu.


O monologuista Gabi (Gabriel Correa) do grupo “Avento” puxo a nota de humor do evento facendo unha simpática parodia das recentes e pasadas Olimpíadas.


A mestra de danza, coreógrafa e bailarina, Azziza Safiyé, ofreceu no auditorio de Bembrive unha improvisación de percusión, bailando as súas alumnas unha danza oriental con “saggats”.


(*Segundo se pode ler na páxina oficial de Geocaching.com "El Geocaching es un juego de búsqueda de tesoros al aire libre, en el mundo real, usando dispositivos GPS. Los participantes se dirigen a unas coordenadas GPS en concreto, y entonces tratan de encontrar el geocaché (caché, caja, contenedor) oculto en esa ubicación").


viernes, 7 de septiembre de 2012

O DOMINGO PRESENTAREI EN BEMBRIVE A I EDICIÓN DE GALICIAN AWARDS CACHE



Anúnciovos xa unha das miñas primeiras actividades confirmadas deste mes de setembro e que terá lugar novamente fóra da comarca do Baixo Miño.

Dende aquí o meu agradecemento á Organización da I edición de GALICIAN AWARDS CACHE polo convite e a confianza en min para presentar este curioso e atractivo evento, que se celebrará o domingo 9 de setembro nas magníficas instalacións da Sociedad Cultural Deportiva y Recreativa "Helios" de Bembrive (Vigo).


Cunha programación de luxo, con participación libre, ás 11:30 horas comezará a "1ª Gimcana A Caza do Tesouro", haberá flashmob e como non, como boa festa que se precie, unha churrascada popular.

A partir das 18:00 horas, entregaranse os premios aos mellores tesouros de Galicia, dentro deste interesante "xogo", realmente unha actividade deportiva e ata turística, chamada Geocaching.

Tal e como lembra o xornal Atlántico Diario, un dos colaboradores desta I Galician Awards Cache e impulsor do geocaching, "Vigo esconde decenas de “tesoros” en lugares históricos o de valor paisajístico que fueron colocados por la comunidad de geocaching, un juego que cuenta con miles de seguidores en todo el mundo y que está extendido por más de 200 países".

Nesa mesma noticia podemos ler: "Los tesoros o “caches” están guardados en un pequeño recipiente de plástico y camuflados en zonas que no dañan al medio, pero no contienen objetos de valor. Su valor es simbólico: incluyen pequeños juguetes, pegatinas, pins o llaveros, y en todos hay una libreta y un lápiz para que pueda firmar la persona que los descubra.


El objetivo es la propia aventura, la pasión de explorar que viene desde la Antigüedad, así como la práctica del senderismo o una forma distinta de hacer turismo. Esta mezcla de juego y deporte nació en el año 2000 en Estados Unidos, cuando Clinton había liberado a los satélites de un error premeditado que degradaba la señal por razones de seguridad nacional.
 
Para practicar el geocaching se necesita un simple GPS y unas coordenadas que se bajan de internet de las páginas oficiales, que también indican la dificultad del “tesoro” a buscar y las características del sitio."
 
Como se pode ler na páxina oficial de Geocaching: "El Geocaching es un juego de búsqueda de tesoros al aire libre, en el mundo real, usando dispositivos GPS. Los participantes se dirigen a unas coordenadas GPS en concreto, y entonces tratan de encontrar el geocaché (contenedor) oculto en esa ubicación".

Acompañándome no escenario e con sendas actuacións, estarán Gabi (monologuista), o grupo "Tincho y Cía" e "Azzizza Safiyé e as súas alumnas".
 
A comezos de semana xa vos contarei -entre outros temas- cal é a situación do "I Churrascopen", unha amigable xuntanza gastronómico-futbolineira que se celebrará en breve na vila do Rosal e avanzareivos as noticias relativas á organización en outubro do XXV aniversario da Festa do Cabaqueiro 2012.

Desexando todo salga ben en Bembrive, ¡¡moita saúde, bicos e apertas!!

miércoles, 5 de septiembre de 2012

ENTREGÁRONSE OS DIPLOMAS DO III OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR TROYA




Boas a todos/as!

Velaquí vos deixo unha pequena crónica e as fotografías da entrega de diplomas do III Open de Futbolín O Rosal 2012 que tivo lugar o pasado sábado 31 de agosto no Bar Troya.

Para comezar, o meu agradecemento ás simpáticas "azafatas" Nina López e Ruth Martínez, así como a Sergio Casal e Cristina Brey por cubrir a reportaxe fotográfica do evento.

A pesar de que era un día "malo" (sábado á noite) achegáronse ata o Troya a metade dos participantes para recoller in situ os seus diplomas. Nalgúns casos os propios asistentes aproveitaron para, no nome dalgúns xogadores/as, levarlles ese certificado de recoñecemento e lembranza.

Serviu esta entrega de diplomas para homenaxear tamén a Gustavo Jurado pola súa participación no II Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2010; e a Carlos Díaz e Santi González por debutar no I Open de Futbolín O Rosal 2012, celebrado tamén no Bar Troya, no mes de xaneiro.

Nina López recolleu o seu diploma como "secretaria" e colaboradora deste III Open, así como o da Confitería Rogelio de O Rosal.

Heliodoro Rodríguez González "Lelo", propietario do Bar Troya, foi obsequiado -entre outros agasallos- cun diploma de agradecemento e cunha fotografía ampliada da entrega de premios celebrada o día do campionato (24 de agosto) e que proximamente se poderá contemplar en forma de cadro no propio local.

Na actualidade estou traballando en varios proxectos socioculturais tanto na vila do Rosal, como na comarca do Baixo Miño... e máis alá. Agardo en breve poder contarvos máis polo miúdo en que estado se atopan e -se definitivamente e axiña- se fan realidade.

¡¡Desexándovos moita saúde, recibide bicos e apertas!!