jueves, 10 de enero de 2013

¡¡BENVIDO 2013!! OU VAI OU RACHA...


Na Ponte de Pau, zona do Araúxo (Santa Mariña do Rosal)

Boas a todos/as. Xa estamos en 2013. Agardemos que este novo ano sexa mellor que o anterior en todos os sentidos, teño fe en que si. Ou vai ou racha...


Lémbrovos que a finais do pasado 2012 e tal e como vos comentaba na última entrada, asistín como membro do Instituto de Estudios Tudenses, á presentación do terceiro número da nosa revista Castellum Tyde, que contou coa presenza -entre outros- do alcalde de Tui, o propio presidente do Instituto e unha boa parte dos meus compañeiros do IET.


Igualmente foi un pracer estar na charla "A minería aurífera romana no Baixo Miño" que o vello amigo da Universidade de Santiago de Compostela, Brais Xosé Currás Refojos ofreceu na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Gondomar). Este interesante acto estivo organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos que preside Carlos Méixome Quinteiro.


E aquí sigo nestes tempos convulsos de crise económica e social con moitos proxectos que, como sempre digo, esperemos pouco a pouco, con moito traballo e ilusión, saian adiante.

Polo menos este 2013 comezámolo con moi bo pé despedindo o anterior cunha fantástica e inesquecible festa privada entre amigos/as no Bar Troya (O Rosal), con concurso de karaoke e campionato de futbolín incluídos. Na imaxe Lelo, propietario do local, con Chus e Ruth (subcampionas) e Trinta máis eu (campións) do I Torneo de Futbolín Fin de Ano 2012.


Na vindeira entrada contareivos como foron algúns dos eventos máis inmediatos que teño programados na miña axenda sociocultural. Deséxovos moita saúde, paz e tranquilidade. 

¡¡Bicos e apertas!!