viernes, 25 de diciembre de 2015

Espectáculo en O Rosal co All Star Game 2015


Este sábado 26 de decembro terei o pracer de exercer de speaker e presentar na miña querida vila do Rosal, un evento deportivo de primeiro nivel, convidado de novo polo club Acanor Atlético Novás de balonmán que preside Andrés Senra.



Trátase do All Star Game 2015 que se celebrará no pavillón municipal a partir das 10:30 horas, co Torneo de categorías base (benxamín ata xuvenil).

Ás 17:00 h., encontro dos "Héroes do ascenso a DHB 2003 vs Combinado galego de veteráns". 


O concurso de goles espectaculares terá lugar ás 18:30 horas e o prato forte do día, o partido entre a Selección Galega contra a Selección Marroquí, ás 20:00 horas.


O gardarredes do Valladolid, Xavi Díaz, será o único rosaleiro convocado con Galicia para esta atractiva cita, na que os adestradores Quique Domínguez e Víctor García "Pillo" tamén seleccionaron, segundo se le na web do Novás, "a García Lloria e Germán Hermida (Octavio), Roberto "Bicho" e Tomás Moreira (Villa de Aranda), Víctor Frade (Cuenca), Serafín Pousada, Eijo (Frigoríficos Cangas), José Rial, Carlos García, Víctor Rodríguez, David Chapela, Edu Moledo e Dani Hernández (Teucro) e Chan (Cisne)".